sábado, 17 de abril de 2010

viernes, 16 de abril de 2010

O APALPADOR NA LITERATURA


O conto do Apalpador
A história, escrita por Lua Sende e Alexandre Miguens, é desenhada polo pintor Leandro Lamas








Antón e o Apalpador
Obra de Manuel Castro e Mar Ameixeiras ilustrada por Francisco Ameixeiras. Conta a historia de Antón, un neno da cidade que viaxa ao Courel para pasar as vacacións coa súa madriña.


O Apalpador de Xoán G

Este libro foi presentado na Festa da Pisa en Froxán do Courel en decembro de 2009.O autor dispón dunha páxina web sobre o Apalpador na que hai actividades pedagóxicas para traballar cos rapaces no Nadal: cartas ao Apalpador, debuxos para colorear...

lunes, 15 de marzo de 2010

O APALPADOR: Un elemento máis das nosas tradicións


NA NOITE DE FIN DE ANO

HAI QUE DEIXAR O ZAPATO NA VENTÁ

QUE VÉN O APALPADOR!!!


O Apalpador é un personaxe mítico galego do Nadal que vive nas devesas do Courel, nas montañas do Leste de Lugo, no Oriente de Ourense, nas Lagoas, na casa de meu, de teu, de todos nós en definitiva.






Polo Nadal baixa da fraga ao empardecer o día, confundido entre a néboa, para agasallar os nenos. Vén de noite cando os cativos están durmidos e apalpálpalles a barriga para ver que estean fartiños e ademais de agasallos déixalles unha presa de castañas.



No oriente ourensán existen referencias a este personaxe con outros nomes como Pandigueiro e outras atribucións como son as de espantar os nenos. Esta tradición, segundo o estudoso X.A. López González, ten un tronco común con outras europeas e do norte de España (Olentzero basco ou o Esteru astur-cántabro). Probablemente sexa a mesma orixe, pero desgrazadamente en Galicia estaba practicamente esquecido.

O vello Apalpador, conservado aínda hoxe no Courel, ou Pandegueiro como se lle chama en partes do oriente ourensán, ten como oficio carboeiro; baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón, calaba, e deixáballes tamén as castañas.




Para tranquilizar os rapaces pola chegada do Apalpador os pais cantábanlles unha cantiga ou contábanlles historias que lles sucederan a eles noutrora.

(Vaite logo, meu ninín-miña niniña )
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.
Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo
(Cantiga de Amadora de Galego, labrega de 79 anos de Romeor do Courel (Recollida en 1994 por Xosé André López González)